Ferror Records nace cun propósito claro: dar saída a propostas musicais e culturais dende a militancia e a autoxestión. Ferrolterra será principalmente o noso lugar de actuación, pero tampouco lle poñemos fronteiras á arte.
Trátase dun proxecto aberto, encantaríanos ser máis. Unha especie de familia ben avenida de xente creativa.
A nosa máxima: “Support your local scene” –“Apoia a túa escena local”-. Ferrol Mola.
Volven os Solpores de Ferror Records: música ao solpor en Canido durante todo o verán
Volven os Solpores de Ferror Records: catro encontros musicais ao caer o sol Coa chegada da…
Presentamos a nosa tenda
Ei, benvidxs a Ferror Records! Se aterraste aquí é porque che mola a música feita con cariño,…
Todo el Largo Verano – Na Noite Máis Curta: cando o solsticio se converte en canción
Hai discos que non se escoitan: atrávesanse. Como esa luz branda que entra pola fiestra na última…
Asóciate a Ferror Records!

En Ferror Records cremos na forza da música como motor de cambio cultural. Somos un selo discográfico e unha asociación que apoia a creación artística local e alternativa, dende Galiza para o mundo.
Se queres formar parte deste proxecto colectivo, asóciate de balde e axúdanos a medrar, a organizar novos concertos, editar discos e darlle voz a artistas que apostan por camiños propios.
Apoia a escena local!!!
Xuntas/os facemos comunidade. Xuntas/os facemos ruído.








