Ferror Records nace cun propósito claro: dar saída a propostas musicais e culturais dende a militancia e a autoxestión. Ferrolterra será principalmente o noso lugar de actuación, pero tampouco lle poñemos fronteiras á arte.
Trátase dun proxecto aberto, encantaríanos ser máis. Unha especie de familia ben avenida de xente creativa.
A nosa máxima: “Support your local scene” –“Apoia a túa escena local”-. Ferrol Mola.
Ferror Records: once anos de autonomía, música e cultura independente
O pasado 11 de outubro celebramos no Centro Cívico de Canido o XI aniversario de Ferror Records....
Solpores 2026: catro encontros para descubrir e compartir a música en Canido
A sexta edición dos Solpores de Ferror Records chegou ao seu fin despois de catro xornadas de...
Volven os Solpores de Ferror Records: música ao solpor en Canido durante todo o verán
Volven os Solpores de Ferror Records: catro encontros musicais ao caer o sol Coa chegada da...
Asóciate a Ferror Records!

En Ferror Records cremos na forza da música como motor de cambio cultural. Somos un selo discográfico e unha asociación que apoia a creación artística local e alternativa, dende Galiza para o mundo.
Se queres formar parte deste proxecto colectivo, asóciate de balde e axúdanos a medrar, a organizar novos concertos, editar discos e darlle voz a artistas que apostan por camiños propios.
Apoia a escena local!!!
Xuntas/os facemos comunidade. Xuntas/os facemos ruído.








