auto sacramental

Lume e cuarzo
En 2019, Auto Sacramental debutou cun EP dixital producido por Guille Mostaza no que exploraba a mística da España negra a ritmo baile e que incluía o trallazo de synth punk ‘Sierra Norte’, considerado un novo himno alternativo por medios como Jenesaispop. En 2021 estreou o seu primeiro álbum, “Cuestión de Fe” (Miranda The Agency, 2021) do que saíron varios singles, entre eles ‘Vixilia’ (unha balada de synth pop apocalíptico xunto coa madrileña Calcaria), ‘Demonología’, ou ‘Segunda Vinda’, cun vídeo do cineasta galego Javi Camiño protagonizado pola artista compostelá Elba Souto.
Dous anos despois volven con nova formación, mudando o synth pop irónico do seu debut polo pospunk máis afiado, envolvido en guitarras distorcidas e fríos sintetizadores.
«Estigma» (Ferror Records, 2023) é o primeiro adianto dun próximo EP editado por Ferror Records, que trata sobre o estigma social e como sufrir esa violencia transfórmanos para sempre. Fálannos da ansiedade de sentirse constantemente observado e xulgado polos demais ata alcanzar o punto de non retorno. Xogando, ademais, co dobre significado da palabra estigma: unha marca de escravitude e infamia, ou a marca da salvación segundo a fe cristiá. «É a canción máis escura de Auto Sacramental ata a data. Unha mestura de postpunk, darkwave, guitarras shoegaze e rituais esotéricos de purificación» apuntan.
O tema vén acompañado dun vídeo de Colectivo Alison, coñecidos por colaborar con VVV [Trippin’ You] ou Ghouljaboy, e inspirado en «A Paixón de Juana de Arco» de Dreyer (1928). Nel, o lume e o cuarzo simbolizan a purificación que logra alcanzar a protagonista a través dun ritual esotérico no arrabalde da gran cidade. As testemuñas do ritual represéntannos aos demais, a sociedade, que observamos como espectadores anónimos — como voyeurs nas tebras da nube dixital.
En “Estigma” conflúen o postpunk 2.0 de bandas como Somos La Herencia ou Just Mustard, con referentes clásicos como os Cure do Pornography ou Décima Víctima, mentres Auto Sacramental convídanos a non poñer a outra fazula, nin pedir perdón: “Un estigma non é a marca da salvación”.
A nova formación para directos de Auto Sacramental é: Jorge Mills (voz, sintes, sampler), Beta (baixo, coros) e Pedro Solla (guitarra).
En 2024 llega su primer LP:En 2024 chega o seu primeiro LP:Plaga» (Ferror Records, 2024). Unha mestura entre synth popcatártico e desafiante, e post punk de corte experimental. Un traballo tan intenso como brillante que conta coas colaboracións de Álvaro García de Biznaga, Ela Rea, Adrián Bremner (VVV [Trippin’you]) e Elba.
O disco ten como temas centrais o illamento emocional e o dolorosas que poden ser as relacións interpersoais.
Texto e imaxe cedidos por La Fonoteca.
Olla os seus discos na nosa tenda online!