E M P T Y

Techno ficción

Ed Escobar Aka E M P T Y é un artista colombo/español que explora a psique humana e os estados de consciencia inducidos por ritmos repetitivos. Os sons de E M P T Y converxen desde a vangarda do Techno hipnótico e de ciencia ficción, pasando polo Glitch escuro e distópico.

E M P T Y difundiu a súa música a través de selos como Triangle Sounds (RIP) (Reino Unido), Chip Musik (Perú), Axiom Mussikkia (España), Mona Records (España) e colaborou en diferentes ocasións en recompilatorios V/A para Towched Music (Reino Unido), Actos Rebeldes V/A (Colombia) e recentemente no V/A Xuntanza de Nulabel Records (España). Tamén fixo remixes para artistas como Squarepusher, Mushrooms Season, Min-Y-Llan, Z-Arc, Cypress Hill entre outros, e compartiu escenario con artistas como Stef Urko, Neon Fluxus, Dead Tapes, Glitch Girl, Sputnik Pussy, Rarek, Liños… en formato livestream xunto a artistas como Mist Gasp, klausgreen e Lefrenk, ademais de colaborar en repetidas ocasións con sesións para EC Underground Radio (South Florida).

Olla os seus discos na nosa tenda online!