french riviera

Volta os '80

FRENCH RIVIERA é sinónimo dos 80, do retro, da época dourada das películas de acción, as luces de neón e as pistas de baile. Cos seus sintetizadores, saxo, talkbox, guitarras funk e baterías disco, evocarache ao frescor do pasado, pero co aroma da actualidade.

Pero quen está detrás de FRENCH RIVIERA? Pois David Fermoselle, saxofonista , teclista, compositor e produtor galego con ampla experiencia tocando en salas e festivais de toda España (FIB Benicassim, Sonorama, Jazzaldia, Low Festival, Arenal Sound,…) como integrante de grupos recoñecidos como a súa banda Belöp ou Villanueva. Algúns medios descríbeno como "O Giorgio Moroder das Rías Baixas".

Olla os seus discos na nosa tenda online!