Mani Maniquí

Distopía rural

Mani Maniquí, o dúo musical máis inusual da xeografía ibérica, está composto por Tariq Chan, un virtuoso da frauta doce eléctrica nacido en Mongolia, e John O'Collón, un vibrante compositor de politonos para móbiles e dj de bautizos orixinario de Massachusetts.

Desde temperá idade, ambos mostraron unha profunda paixón pola música e un singular talento para crear música fúnebre e coreografías de aeróbic. Os seus camiños cruzáronse por primeira vez no ano 1999 durante o famoso Benidorm Fest, onde asistían como entusiastas da música underground e o ambiente nocturno da terceira idade.

Nun instante de conexión cósmica, decidiron unir forzas e fundaron o icónico bar de copas e karaoke "Mamberroi" situado a pé de praia en Benidorm.

Con todo, a fama non chegou sen os seus propios desafíos. Nun xiro inesperado do destino,Tariq e John víronse envolvidos nun escándalo cunha cabra anana no seu bar. Paraca escapar das complicacións legais, decidiu dirixirse cara a Galicia, onde poderían reinventarse e mergullarse nas ricas tradicións e cultura local que tanto anhelaban.
En particular, coñecerá grandes influencias como Gayoso, Súper Piñeiro ou Micky Facal.

Instalados no campamento de Freixeiro en Narón, Galicia, prepararon o seu estudo de gravación. Esta contorna única e tranquila permítelles desenvolver aínda máis o seu estilo distintivo musical.

Inspirados por figuras lendarias como Cañita Brava e Delfín Quispe, a música de Mani Maniquí caracterízase por unha mestura ecléctica de ritmos porcinos e pegañentos, acompañados de letras profundas que convidan a reflexionar.

Olla os seus discos na nosa tenda online!