Pladür

Punk fresco, frenético e divertido

#Ante unha urxente necesidade creativa incapaz de ser contida noutros proxectos, Lúa Sálamo (Lle Cûl, Os Televisores, Trompas de Farlopio) e Santiago Paredes (Pedrito Diaño, Thee Tumbitas, Glitter & Litter ou Thee Blind Crows), establecen os cimentos deste power dúo de punk rock salvaxe e inmediato. Un recordatorio de como facer cancións partindo en grao sumo elemental. Pladür é a banda que podías montar coa túa prima, pero o teu non o fixeches e eles se.

En moi pouco tempo manufacturaron un bo puñado de cancións pegadizas cargadas de enerxía e melodía, e lanzáronse aos escenarios para percorrer gran parte de Galicia e facer algunha incursión na meseta española e mesmo UK, con gran aceptación de público e crítica.

O seu son é vándalo e cheo de voces que cospen sobre riffs poderosos, temas cotiáns e divertidos nos que non faltan o humor nin a crítica social, e que encaixan á perfección sobre unha potente sección rítmica. Un cóctel irresistible que lembra a bandas como Ramones, The Addicts, Adolescents, Sinistro total e mesmo Os Nikis.

En 2022 editan o seu primeiro EP, “ Ensaios, fallos e desmaios” gravado nos estudos Terraforma por Ibán Pérez produtor de bandas como Indómitos ou Fantasmage e que recolle os catro primeiros cortes de estudo da banda, seguido do single “Estudante de BB.AA”, (2023).

En 2024 finalmente gravan o seu primeiro LP “Toneladas de Diversión” no estudo Escusalla Sónora con Javier Vicalo aos mandos. 11 temas de punk rock iconoclasta repleto de himnos xeracionais como “Nova Onda”, “Baixa por Diversión” ou “Na tenda do Ortopeda”.

Olla os seus discos na nosa tenda online!