Technochico

Subversivos e tecnolóxicos
TechnoChico é un proxecto nacido en Ferrol en 2016. Eles decláranse subversivos e tecnolóxicos. Facturan novos ritmos de orixe galaico-estelares para a pista de baile, todo iso desde o underground e o anonimato.
O dúo está formado por Agostinho DJ (Peck Retropower e un dos capos de Ferror Records) e Vega Scan (Tony), 50% de Carrero Bianco. Electrónica desde o estaleiro que os leva a caldear o ambiente en gran cantidade de locais da escena subterránea galega ata ter que frear a súa actividade debido á pandemia. Sen embargo, aproveitan o tempo de confinamento e entregan «Días de Lluvia, Techno-Pop y Morrissey Remix» (Ferror Records, 2020), remestura dun dos temas do disco debut do dúo ferrolán de synth pop elegante e emocional formado por Carlota Barro e Joaquín García ‘Quincho’ (o outro 50% de Carrero Bianco) Espejos y Diamantes, respectando a esencia pop do orixinal, pero envolvéndoo de luz, baile e frescura. Blas Silva encárgase de realizar un estupendo videoclip do tema.
Ferror Records encárgase de editar un vinilo 7″ moi limitado que inclúe a remestura e na cara B o tema homónimo «TechnoChico«, un autotributo lanzado en dixital no 2016.
Olla os seus discos na nosa tenda online!