Ferror Records nace cun propósito claro: dar saída a propostas musicais e culturais dende a militancia e a autoxestión. Ferrolterra será principalmente o noso lugar de actuación, pero tampouco lle poñemos fronteiras á arte.
Trátase dun proxecto aberto, encantaríanos ser máis. Unha especie de familia ben avenida de xente creativa.
A nosa máxima: “Support your local scene” –“Apoia a túa escena local”-. Ferrol Mola.
French Rivera: A máquina do tempo musical que che leva directo aos 80 dende as Rías Baixas
Se pechas os ollos ao escoitar French Rivera, verás desfilar sintetizadores potentes, o vibrante...
Zavala
Zavala: Pop electrónico que emociona dende Ferrolterra Na vibrante escena musical galega, sempre...
Los Eternos: madurez sonora e emoción no seu último disco
No sempre fértil panorama musical de Ferrolterra, Os Eternos brillan con luz propia desde hai...
Asóciate a Ferror Records!

En Ferror Records cremos na forza da música como motor de cambio cultural. Somos un selo discográfico e unha asociación que apoia a creación artística local e alternativa, dende Galiza para o mundo.
Se queres formar parte deste proxecto colectivo, asóciate de balde e axúdanos a medrar, a organizar novos concertos, editar discos e darlle voz a artistas que apostan por camiños propios.
Apoia a escena local!!!
Xuntas/os facemos comunidade. Xuntas/os facemos ruído.








