Política de privacidade

Última actualización: 18/09/2025

Ferror Records somos unha asociación cultural, vendemos discos co fin de financiar as propias publicacións, tanto as copias dixitais como físicas, así como os eventos que realizamos ao longo do ano, etc.

En Ferror Records, respectamos e protexemos a túa privacidade. Esta Política de Privacidade explica como recollemos, usamos e protexemos os teus datos persoais cando te inscribes como persoa socia da nosa asociación.

Responsable do tratamento de datos

O responsable do tratamento dos teus datos persoais é:

Ferror Records
Razón social: Asociación Cultural Ferror Records
NIF: G-2171983-6
Domicilio fiscal: Calle Real, 26-28 4izq. 15.402. A Coruña.
País de actividade: España
Correo electrónico: ferrorrecords@gmail.com

Que datos recollemos?

Ao cubrir o formulario de alta como persoa socia, solicitamos os seguintes datos persoais:

  • Nome e apelidos
  • DNI
  • Enderezo
  • Teléfono

Estes datos son necesarios para xestionar a túa alta como socia ou socio e manter o contacto contigo en relación coas actividades da asociación.

Con que finalidade tratamos os teus datos?

Utilizamos os teus datos para:

  • Xestionar o rexistro e a condición de persoa socia de Ferror Records.
  • Comunicar actividades, eventos ou cuestións relacionadas coa asociación.
  • Cumprir coas nosas obrigas legais ou administrativas, se fose preciso.

Base legal para o tratamento dos datos

O tratamento dos datos baséase no teu consentimento explícito, que prestas ao marcar a casiña de aceptación no formulario de alta.

Durante canto tempo gardaremos os teus datos?

Os datos conservaranse mentres sexas persoa socia de Ferror Records e durante o tempo necesario para cumprir obrigas legais ou administrativas.

Compartimos os teus datos con terceiros?

Non cedemos os teus datos a terceiros, agás que sexa necesario para cumprir coa lexislación vixente.

Dereitos das persoas usuarias

Podes exercer os seguintes dereitos sobre os teus datos:

  • Acceso
  • Rectificación
  • Cancelación ou supresión
  • Limitación do tratamento
  • Oposición ao tratamento
  • Portabilidade dos datos

Para exercer calquera destes dereitos, podes contactar connosco a través do correo ferrorrecords@gmail.com.

Como protexemos os teus datos?

Aplicamos medidas de seguridade técnicas e organizativas axeitadas para garantir a confidencialidade, integridade e dispoñibilidade dos teus datos.

Ligazóns a sitios externos

Este sitio web pode incluír ligazóns a outras páxinas alleas a Ferror Records. Non nos responsabilizamos das súas prácticas de privacidade, polo que che recomendamos consultar as súas políticas.