Alarido Mongólico – Alarido Mongólico Is Back (Dixital)
01. Alarido Mongólico 04:41
02. Grimilla 03:31
03. Para siempre 03:05
04. Mi vida 07:21
detalles
REFERENCIA DISPOÑIBLE SOAMENTE EN FORMATO DIXITAL
Accede ao formato dixitalTres antropomorfos, dúas almas e un destino forman Alarido Mongólico. Saímos das vaxinas das nosas correspondentes nais, en puntos espazo-temporais distintos; pero ambos cun mesmo propósito: Ser os últimos membros da nosa especie. Para iso estivemos desenvolvendo un novo sistema de manipulación mental mediante o cal, a nosa música maiormente comercial ou masiva haberá de provocar a morte por paro cardíaco nun prazo máximo de cen anos a todo orgánico que o escoite. De todos os xeitos nosa principal misión é facer gozar a todo o que nos siga, abrigo a persoas da terceira idade, xa que se van a morrer antes; e compartir a nosa delicada arte co resto do mundo chegando a tocar algún día en palacios de ópera e festas infantís… …e cando isto suceda, os humanos estaredes acabados.
“Alarido son un dúo constituído por Andrés e Joel, un ferrolán e un coruñés, que poñen en marcha uno dos conxuntos con máis personalidade da escena… No seu debut atopámonos con cancións como ‘Grimilla’, un hit pegañento armado a base de calor e suor reseco. Unha melodía infecciosa que se coa no teu cerebro e non che abandona nin aínda que o tentes con todas as túas forzas…”
( Fernando Fernández Rego, Lafonoteca.net )
Lanzouse o 8 de abril de 2016
Gravado e producido por Alarido Mongólico á calor do seu fogar. Masterizado por Danny Abeledo en Río Records (Ferrol). Editado con amor por Ferror Records.
Referencia: FR-02




