SKU: FR-0154 Categoría: Etiquetas: ,

Carlos Risco & Antía Muíño – A Carolina (Dixital)

1. A Carolina 04:06

Accede ao formato dixital

detalles

REFERENCIA DISPOÑIBLE SOAMENTE EN FORMATO DIXITAL

Accede ao formato dixital

Carlos Risco presenta unha versión acústica e folk-country de “A Carolina”, xunto a Antía Muíño

O músico e escritor galego Carlos Risco acaba de estrear unha nova versión do tema popular “A Carolina”, cun arranxo acústico de sabor folk-country que lle dá unha nova vida a esta peza tradicional da nosa cultura.

Para esta interpretación contou coa súa admirada Antía Muíño, que achega unha voz fermosa e eterna, capaz de darlle á peza unha nova dimensión de beleza e emoción. “Na voz de Antía, A Carolina soa preciosa e eterna”, comenta Carlos.

A gravación, feita en directo na casa de Risco, complétase cunha instrumentación sutil e chea de matices: o piano eléctrico e o mellotron de Álex Salgueiro, que achega texturas máxicas, a percusión delicada e os coros do su irmán Ton Risco, e o acompañamento acústico do propio Carlos, dando forma a un contrapunto emotivo e íntimo que reconecta a tradición coa sensibilidade contemporánea.

Este novo arranxo supón unha fusión elegante entre o folk galego e os ecos da música de raíz americana, mantendo a esencia da canción orixinal e ao mesmo tempo abrindo camiños a novas lecturas e emocións.

“A Carolina” xa está dispoñible en plataformas dixitais. Unha peza que honra a tradición e a transforma con sensibilidade, na procura ducha nova verdad.

Se lanzó el 25 de abril de 2025
Edita Ferror Records. FR-0154.