SKU: FR- CH01 Categoría: Etiqueta:

Chicharrón – Highway To Heaven (Dixital)

1. Highway To Heaven 02:58

Accede ao formato dixital

detalles

REFERENCIA DISPOÑIBLE SOAMENTE EN FORMATO DIXITAL

Accede ao formato dixital
Chicharrón presentan o segundo single de adianto de “Unha Fogueira Intacta” (Ferror Records, 2021), o seu cuarto longa duración. Tras “Ondeando”, chega “Highway To Heaven”, un tema que se estrea o 9 de marzo. Una data realmente especial xa que nela conmemorase o 9º cabodano de Alberto Gende (artista incríbel e membro fundador de Chicharrón). Na súa honra estréase este corte no que musican o cómic de Kike J. Díaz sobre o poema “Highway To Heaven” da poeta Yolanda Castaño, incluído no seu libro “O Puño e a Letra” (Xerais, 2018).

Un corte dinámico e evocador co que confirman a súa evolución e madurez como banda. Atopámonos con sintetizadores marciais, cadencia industrial e maquinal, e un claro espírito de road movie nocturna e perigosa. Unha nova e impáctante páxina de un disco cheo de grandes cancións. Fogo camiña comigo.

Na autoestrada quedaron marcas de curvas imposibles,
Liñas vacilantes que acaban directas contra a mediana.
Cápsula de só.
Unha bolboreta de frío atravesa o paso
Os meus ollos quedan prendidos do seu salto.
E teño sorte.
Un dous, un dous.
A autoestrada de noite parece un videoxogo.
O negror máis opaco non me trabuca.
Coma unha intermitencia,
A miña xuventude unha liña de cocaína que ás veces
Se torce.
Detrás da miña órbita excítanse os volantes.
E acelero tan rápido
Como a este verso se lle vai a vida.
Se lanzó el 9 de marzo de 2021
“Highway To Heaven” foi gravada en setembro do 2020 no Estudio Terraforma do Hío, Cangas do Morrazo por Ibán Pérez.

Mesturada por Ibán Pérez e Rubén Domínguez.

Producida por Rubén Domínguez.

Masterizada por Cem Oral en Jammin Masters, Berlín.

Alberto M. Vecino: voz.
Mara Pérez: voz.
Rubén Domínguez: sintetizadores e programacións.
Cibrán Tenreiro: batería.
Ibán Pérez: percusións.
Brais Otero: baixo.
Sara Iglesias: saxos.
Teo Cid: ruídos.