SKU: FR-0188 Categoría: Etiqueta:

Chicharrón – Temporal (Vinilo)

1. Area Chea de Pegadas 04:22
2. Factura 03:20
3. No Serán 02:51
4. Sacrificios a Perséfone 03:48
5. 175 Anos ao Teu Lado 04:51
6. Compresión 03:12
7. Avogadas Cristiás 01:21
8. Identidade 03:18
9. Colisión e Deriva 04:21
10. O Entusiasmo dos Nós 03:44
11. Como che Foi? 03:59

Accede ao formato dixital

20,00 €

detalles

Accede ao formato dixital

Chicharrón presentan “Temporal” (Ferror Records, 2026), o seu novo traballo discográfico e o cuarto editado por Ferror Records, despois de “Unha fogueira intacta” (2021), “Erosión” (2022) e “O que nos queda por non dicir” (2023). A banda de Carballo continúa así unha traxectoria marcada pola evolución constante, profundando nunha identidade propia na que conviven a intensidade, a emoción e unha maneira moi persoal de entender o pop e o rock galego contemporáneo.

En “Temporal”, Chicharrón volven explorar ese territorio no que a fraxilidade e a forza se cruzan, construíndo cancións de atmosferas envolventes, melodías coidadas e unha notable carga emocional. O disco supón un novo paso adiante para o grupo, mantendo a esencia dos seus anteriores traballos pero abrindo novas texturas e matices, nun repertorio que confirma a Chicharrón como unha das propostas máis sólidas e singulares da escena galega actual.

Alberto M. Vecino afirma que este disco ten un significado especial: “Intuímos que é o final de algo que aínda non sabemos o que é, e para iso queremos que o escoite a xente, para que nos axude a descubrilo. Titulámolo temporal porque esa intuición revólveo todo, como un temporal, e tamén porque supoñemos que co tempo se resolverá”.
Temporal, o disco producido por Marco Maril (Dar Ful Ful, Apenino) trae unha sensación de cambio, inestabilidade ou tránsito… “Nós non o buscamos, simplemente sentiámonos así e intentamos expresalo… Basicamente este disco é unha inmersión nas nosas propias profundidades para intentar descubrir entre a súa escuridade unha verdade que sabemos que nunca atoparemos”.

O territorio e a actualidade destes violentos anos vinte condicionan a maneira de escribir, crear e entender a banda… “Somos conscientes da sorte que temos de vivir onde vivimos e de ter o noso pequeno círculo, pero esta é unha época escura e todas somos uns pouco espellos. Para nós o gran problema actual é o poder dos oligarcas tecnolóxicos, que necesitan como colaborador necesario a esa ultradereita de imbéciles e desalmados e á xente que os vota. Non hai nada de beleza nin verdade en ningún deles.

E se cadra estamos equivocadas, ou somos demasiado inocentes, pero cremos que a arte feita nas marxes é unha das grandes esperanzas da raza humana”.

“Temporal” está editado en vinilo e dispoñible en dixital nas plataformas.

Fernando Fernández Rego

Lanzouse o 10 de setembro de 2026

Produción: Marco Maril.

Edita Ferror Records. FR-0188.