SKU: FR-029 Categoría: Etiqueta:

DEVALO – Noites Contadas (Dixital)

01. Espertar Marítimo 04:12
02. Aves Negras 03:35
03. A linguaxe das máquinas 04:15
04. Teoría de todo 04:16
05. Gardiáns do baño 03:50
06. Neve de maio 03:19
07. Vacacións en Galifornia 03:39
08. A forza invisible 05:04
09. Saltando xigantes 06:08
10. Montalvo 04:54
11. O perseguidor 07:22
12. Vivir para sempre 03:35

Accede ao formato dixital

detalles

REFERENCIA DISPOÑIBLE SOAMENTE EN FORMATO DIXITAL

Accede ao formato dixital

DEVALO é un proxecto de David Miranda (Nouvelle Cuisine, The Cripple and The Tramp). “Noites Contadas” foi gravado en Gales mais mirando a Galicia. Nos ecos do synthpop (Gary Numan, Orchestral Manoeuvres in the Dark, M83, New Order), e sons que beben do dream pop e o shoegazing (Slowdive, Cocteau Twins, The Radio Dept., Yo la Tengo, Beach House), resoan imaxes nocturnas de nostalxia, perda e crise de identidade, que deixan tamén albiscar un renacer a través dun movemento cara ao futuro que é realmente unha volta ás orixes.

Videoclip de “Neve de maio”, single de adianto.

Se lanzó el 28 de septiembre de 2020

Gravado en Belmont Road (Bangor, Gales).
Masterización por Jahel Piñeiro en 8 Estudios (Lugo).
Música, letras, gravación e deseño de David Miranda.

“Espertar marítimo” está inspirada na BD “Compañeiros. Homenaxe ás vítimas do Portiño” de Xosé Tomás.

“A linguaxe das máquinas” é unha adaptación do poema “O camiño da neve” de María do Cebreiro.

A imaxe da portada é do libro “Japan nach Reisen un Studien”, tomada do arquivo aberto da British Library.

FR-029