Furada – Furada (Vinilo)
1. Abajo en el sur 04:03
2. Edra 02:46
3. Aliñados 03:43
4. Brilo das cortinas 04:45
5. Sonrisa infantil 03:57
6. Alas negras 04:17
7. San Xoán de Lois Pereiro 05:13
8. Andan soltos 02:34
9. Suicidas sin gloria 04:53
10. Lobos 03:13
25,00 €
detalles
Furada, o dúo de Crecente (Pontevedra), formado por Adrián Riveiro Rodríguez (guitarra, teclados) e Pablo Gómez Portas (voz), presenta o seu disco debut: “Furada” (Ferror Records, 2026).
Pronto comezan a facturar un post punk poético e evocador, cargado de forza e mensaxe. “Temos unha clara fixación no post-punk de Joy Division cunha atmosfera poética que pode acercárselle a the Doors. Tamén de cara a posta en escena eu fixaríame en bandas actuais coma the Garden, Crystal castles, Sleaford Mods ou os Viagra Boys” afirma Adrián. “Ademais dos xa nomeados post-punkers rusos , evidentente o grupo de Xosé Manuel Pereiro; Radio Océano ou os Golpes Bajos de Coppini son grandes piares para nós , maís queriamos darlle o noso alento . O post punk é quen de adaptarse as xeografías e os sentimentos coma ninguén e por iso destacar O Post Punk que se fai en México (onde viveu Adrián) con bandas como Caminatas Nocturnas, Ritmo Cósmico ou La Texana”.
Hai unha conexión importante coa poesía e coa mensaxe poética. “Engadimos ademáis de poesía propia , versos de Lois Pereiro e de Xela Arias pola imaxe eterna de vangarda , de linguaxe e verba pura visceral. Participa connosco Xandra Táboas alento dos movementos sociais galegos vigueses e tamén poeta e videógrafa, dela saen os videos Brilo e Aliñados ela tivo que ver tamén na letra de Abajo en el Sur. Sen esquecer a Blanca Varela a Bolaño e por ende os real-visceralistas , a literatura latinoamericana vai nos nosos xenes. Decir tamén que Branca Trigo entendeu a nosa poética e isto fala moi ben da poesía galega e viguesa xa que foi un luxo traballar con ela no Xan Xoán de Lois Pereiro” explica Pablo.
“Furada” (Ferror Records, 2026) sairá editado en vinilo en setembro de 2026. Na súa capa podemos ver a loita das mulleres e veciños de Redondela, nas cargas policiais durante o peche de Telanosa. Imaxe captada por Delmi Álvarez. Ano 1986.
Un disco para o recordo. Unha das cumes do post punk galego. Sen discusión.
Pablo Gómez Portas: Letras e voz.
Adrián Riveiro Rodríguez: composición, produción, intrumentacións.
Foto de portada: Delmi Álvarez. 1986. Mulleres traballadoras facendo fronte á policía nas recordadas protestas da empresa Telanosa (Redondela).
Edita Ferror Records. FR-0193.








