SKU: FR-0146 Categoría: Etiquetas: ,

Los Eternos & Guadí Galego – Mar dos Balandros (Dixital)

1. Mar dos Balandros 04:46

Accede ao formato dixital

detalles

REFERENCIA DISPOÑIBLE SOAMENTE EN FORMATO DIXITAL

Accede ao formato dixital
Segundo single de adianto de “San Antonio” (Ferror Records / Milana Música, 2025). Colaboración entre a banda de Cedeira e Guadi Galego.

Tras “Vientos Solitarios” (Ferror Records / Cascaballo Records, 2019) e “Sonora” (Ferror Records / Milana Música, 2021) chega “San Antonio” (Ferror Records / Milana Música, 2025). Un disco intenso e emotivo que marca unha nova etapa da banda de Cedeira, que grava o seu primeiro disco en galego.

“O galego é o idioma que falamos habitualmente, levamos toda a vida escoitando a xente como Andrés do Barro, a Radio Océano, a Batallán e moitos máis. Cando empezamos a escribir as primeiras cancións en galego xa soupemos que a nosa lingua tiña que estar presente na nosa discografía” apunta Chewis (guitarra).

Un disco marcado pola enfermidade e a perda de Arantza Navarrete, parella de Chewis e autora da maioría das letras do grupo. “Ao principio o disco xestouse como os anteriores, foron aparecendo as primeiras cancións ata que as circunstancias da vida comenzaron a complicarse e iso foise plasmando nas seguintes cancións. A medida que as cousas empeoraban as cancións foron escurecendo. Pódese dicir que este disco mostra a transición dos últimos anos da nosa vida, empeza ben e a medida que vai pasando o tempo vai decaendo ata tocar fondo” explica Chewis.

O disco leva por título “un dos lugares máxicos de Cedeira. Alí a terra e o mar fúndense nunha aperta, dando forma á ría máis fermosa do mundo. Xusto alí, a miña compañeira Arantza pasaba longas horas sentada no cruceiro mirando e sentindo a inmensidade do Atlántico. De San Antonio saiu a inspiración para a maioría das cancións do disco. Cancións que falan da nosa terra, do noso mar, das nosas tradicións, da nosa xente… Cancións que falan de amor, de dor, de vida e de morte”.

A gravación non foi sinxela, e tivo momentos moi duros. “O disco estivo rodeado de momentos moiy complicados das nosas vidas e iso déixase notar na maioría das cancións, moito sentimento, moita dor, moitas lembranzas, moito amor, pero sobre todo gústanos pensar que neste disco atopamos a Cedeira, o noso mar, a nosa tradición e a nosa xente”.

A gravación contou con colaboracións de auténtico luxo como Guadi Galego (“Mar dos Balandros”) e Oscar Avendaño (“O can”), ademais de gran cantidade de músicos que aportaron metais e todo tipo de instrumentos… “Este disco non sería posible sin a xente que colaborou, os músicos aportaron as súas ideas, estiveron ó cen por cen en cada momento. Estamos moiagradecidos a toda a xente que participou neste traballo. Foi unha experiencia inesquecible”.

Todo elo envolto polos impresionantes deseños de Fernando Ruibal. “Fernando é unha persoa incrible, dende o momento que lle dixemos que queríamos que fixese o deseño do disco volcouse en corpo e alma facendo un traballo impresionante. Estamos moi agradecidos de contar co seu talento. Fernando para nós xa é un Eterno máis”.

Un disco enorme, cargado de sentimento e boas cancións. Unha viaxe dende Punta Candieira ao Mar dos Balandros cargada de saudade e de cancións atemporais que impregnan o corpo de salitre. Do salitre do mar, do salitre das bágoas.

Se lanzó el 11 de marzo de 2025

Voces: Cudi e Guadi Galego.

Edita Ferror Records / Milana Música. FR-0146.

Videoclip por Alicia Freire.