SKU: FR-0104 Categoría: Etiqueta:

Lume – Faino con Amigos (Dixital)

1. XISELR – A danza do Abeillón 04:12
2. Aida Ulloa e Calros de Santos e Familia – Pandeirada de Tella 03:50
3. T37 Bros – Pandeirada de Tella 04:48
4. TechnoChico – A mensaxe das pedras 05:28
5. Igor – Negra sombra 03:12
6. Nüca – Pandeirada de Canido 03:32
7. Neon Demon – Pandeirada de Tella 04:47
8. AZ Rotator – Quen poidera namorala 04:27
9. Moral Order – Pandeirada de Tella 03:20
10. Tonovox – A danza do Abeillón 04:17
11. Santi Plagio – A mensaxe das pedras 04:00
12. Fase4Stereo + Pablo Carrillo – Quen poidera namorala 05:03
13. TrustSuspicionDeath – A danza do Abeillón 05:08
14. Bonus track – Lume: Os teus ollos (directo 2017) 04:50
15. Bonus track – Lume: Achégate a min, Maruxa (acústico, directo 2020) 04:49

Accede ao formato dixital

detalles

REFERENCIA DISPOÑIBLE SOAMENTE EN FORMATO DIXITAL

Accede ao formato dixital

Lume é tradición musical galega no século XXI. Con absoluto respecto aos orixinais pero baseado en métodos electroacústicos, electricidade e ruído, Lume é un pequeno repaso polas cancións que pasaron de xeración en xeración dentro da cultura do noroeste peninsular nos últimos séculos.

En 2019 saía un disco realmente especial: “Faino Ti Mesmo” (Ferror Records). Case cinco anos despois chega este traballo no que quince artistas son os encargados de darlle nova vida a esas cancións cheas de maxia.

Carta de Eloy Platas (Lume):

“¡Ó final facelo ti mesmo é facelo só!”, díxome un amigo mentres falabamos do proceso seguido no disco anterior. Non puiden dicirlle que non, pero ó mesmo tempo pareceume que non era certo de todo. Endexamais un disco, unha creación, sae dunha soa persoa, aínda que a idea e traballo e toda a produción fosen ó seu cargo. Están as influencias, a xente que rodea e apoia a un, as conversas e escoitas dende as cales xéranse folgos para seguir e conceptos novos a implantar e incluso a xente que ponlle paos ás rodas do carro para que non avance, dalgún xeito, tamén son partícipes nesa creación. Pero non soamente no disco, nestes anos de “facelo un mesmo” foron moitos concertos, eventos, reunións, viaxes, situacións, entrevistas e artigos que non serían posibles sin a participación doutras persoas. Neste tempo coñecín un montón de xente marabillosa coa que compartín escearios, quilómetros, comidas, vivencias ou simplemente un intercambio de mensaxes e correos cheos do sentimento máis poderoso do universo: a complicidade. Dun xeito ou outro, puiden achegarme á obra de artistas que admiraba, e agora aún máis, aprender deles, falar deles con outros amigos e viceversa e así ir pechando círculos e achegando á xente. Co tempo, percátaste de que vida é un pano, e agora podo dicir con orgullo que moitos de eses artistas cos que compartín música e vivencias son xa amigos. A función principal da música, ou polo menos unha delas, é a de crear cohesión social e xerar interaccións entre a xente. E quería plasmar ese pensamento dalgún xeito, así que decidín que ó mellor era boa idea pedirlle a algúns, que dalgún xeito ou outro xa mostraran interese por Lume, a facer unha remezcla da canción que quixeran de “Faino ti mesmo” e tentar unha publicación na que participásemos varios. Non foi doado xuntar a tanta xente, pero velaquí o resultado. “Faino con amigos” non é un disco de Lume, é un disco colectivo no que presento algúns dos amigos, que sabéndoo ou sen ter idea, colaboraron, inspiraron, e prenderon chispa cando parecía que o lume ía a morrer. Non son todos os que son, nin de coña, para iso farían falta 20 discos máis, pero estes aquí presentes son un bo exemplo do que falo. Nuns días teremos edición física en CD e nas próximas semanas irei degrañando e explicándoos quen é quen dentro de esta compilación de xente inqueda, creativa e imparable, todo da man e co apoio de outros heroes que tamén considero amigos, os rapaces de Ferror Records.

E así, sen máis, déixoos co disco, ecléctico calidoscopio de puntos de vista distintos pero comúns. Trece remezclas e dous temas en directo grabados en concertos que tamén organizáronse entre amigos. Saca algo de tempo, dálle volume e lembra que facelo un sempre está ben, pero tamén sempre mellor é facelo con amigos.

“o lume que alampea, xamais o veredes morto”

Bicos,

Eloy

Se lanzó el 16 de mayo de 2024

Edita Ferror Records. FR-0104.