SKU: FR-0120 Categoría: Etiqueta:

Manuel Seixas – Humano, Demasiado Humano (CD)

1. Cantas caídas 06:13
2. Dame a escoller 07:32
3. Estás tolo 03:18
4. Non sei quen foi 08:11
5. Ola, dixo ela 11:04
6. Perla 05:11
7. Amar (Saber amar) 03:19
8. Todo e nada 08:11

10,00 €

detalles

Edición limitada en CD Digipack con libreto

Versión digital >

Este “Humano, Demasiado humano” está dedicado a toda a xente que loita contra a crueldade da dor mental. Moito ánimo. Temos que saír deste inferno!

Camaradas, eu, saín desa eterna pedra de Sísifo e fun feliz varios anos atrás. Agora, de novo envolto nas miñas nerviosas miserias, só vós podo dicir que unha vez fun quen de saír, vós tamén podedes, poderá chegar o día en que as horas encaixen entre días sinxelos que flúen e á fin non haxa pavor, ansiedade,senón vida digna”.

Manuel Seixas

Logo de “O Estraño Karaoke do Home Bata” (CD /2022) e “Electric Eyes”(Dobre Vinilo e CD / 2023) chega o que é o seu terceiro traballo con nós. Unha honra poder traballar cun artista como Manuel.

Se lanzó el 15 de febrero de 2024

Letra e música: Manuel Seixas.

Manuel Seixas: guitarra, voz, instrumentación e manurose.

Víctor Karallada: guitarras en “Estás solo”, “Perla” e “Saber amar”.

Gravado nos HOMEBATAHOMEESTUDO (entre decembro de 2021 e xaneiro de 2024).

Portada: Manuel Seixas.

Deseño gráfico do libreto: Carbón Afilado.

Video de “Cantas Caídas”: youtu.be/wzhu6eRsd3U?si=VV3h9lsFKnr_sMaU

Edita Ferror Records. FR-0120. 2024.