Océano Eskizo – Demos no Soto (CD)
1. Vai preso Lucho Manllón 04:45
2. A verdade sempre é violenta 03:14
3. A que virá 02:49
4. Festas en Carballo 03:5
7,00 €
detalles
Que pasaría se integrantes dos grupos máis interesantes que xerou a escena rock de A Coruña se unisen para destilar todas as músicas que os converteu en referentes? Pode una banda xurdir do impulso de protestar contra unha inxustiza e á vez pasalo ben e facelo pasar ben? O que sucedeu sorprenderache: ocorreu. Ou mellor aínda: está ocorrendo (as dúas cousas).
Jonhny Rotring, a voz de Radio Océano; Pedro Granell, líder de Los Eskizos e de Kozmic Muffin; Ricardo Saavedra, fundador no seu día de Deluxe; Beni Glez-Dans, ex integrante de Viuda Gómez e Luis Jarri, batería de Eskizos (en resumo, “o mellor de cada casa”) forman Océano Eskizo. Unha mestura fluída de potencia, ironía e épica oceánica coa forza guitarreira eskizoide e power-pop-punk.
Unha mestura tan natural e potente que, en pouco tempo, produciu catro temas, gravados en directo no propio local de ensaio (un soto), co título apropiado de Demos no soto.
O primeiro dos temas, “Vai preso Lucho Manllón”, dedicado a Luigi Mangione, o mozo que matou un CEO da meirande aseguradora médica de EEUU, supuxo a cancelación inmediata da canle que estrearan en YouTube, “por infrinxir as normas de organizacións criminais e violentas”.
As outras cancións conxugan a melancolía co punk, como “A verdade sempre é violenta”. “A que virá” vainos levar a unha relación de doenzas e andazos que pasamos e pasaremos, por moito que haxa quen as negue, e “Festa en… más
Lanzouse o 2 de febreiro de 2026
Todos os temas son de Océano Eskizo. Salvo “Festas en Carballo”, música dos Dead Kennedys e letra de Johnny Rotring aka Xosé M Pereiro.
Todas as letras son de Johnny Rotring (excepto “Lucho Manllón”, de Héctor López de Castro).
Ferror Records. FR-0183.






