SKU: FR-0141 Categoría: Etiquetas: ,

Zavala ft. Atalaias de Caión – Santa Marta (Dixital)

1. Santa Marta 03:16

Accede ao formato dixital

detalles

REFERENCIA DISPOÑIBLE SOAMENTE EN FORMATO DIXITAL

O cuarto sinxelo de adianto antes da publicación de “Pequeno Manual Para Grandes Cambios II (Teoria e Práctica)” (Ferror Records, 2025) leva por titulo Santa Marta.

Santa Marta, Ortigueira, serve, a xeito cinematográfico, de escenario para unha historia que sabe a mar, taberna, terra e casa.

Unha canción de amor a un lugar e a unha terra, Ortigueira, que tanto nos deu e tanto nos dá. Devolvemos, a xeito de canción, soamente un pouco do moito que recibimos.

Neste caso o aspecto máis electrónico queda nun segundo plano e o lado mais tradicional de Zavala emerxe apoiado polo acordeón de Raquel Santamaria, que acompaña a melodia principal da voZ.

Santa Marta é un dos catro temas nos que as cantareiras Atalaias de Caión (Arantxa, Berta, Maria, Nerea, Noelia, Sonia con Ana Edreira) colaboran no disco.

Se lanzó el 31 de enero de 2025
Edita Ferror Records. FR-0141.