Zavala – Retrouso do Barqueiro (Dixital)
1. Retrouso do Barqueiro 03:07
Accede ao formato dixitaldetalles
REFERENCIA DISPOÑIBLE SOAMENTE EN FORMATO DIXITAL
Accede ao formato dixitalA canción máis fermosa do ano é esta e xa está en todas as plataformas dixitais! Xa vemos Viveiro, Ribadeo e Foz!
O sexto sinxelo de adianto antes da publicación de “Pequeno Manual Para Grandes Cambios II (Teoria e Práctica)” (Ferror Records, 2025) leva por titulo “Retrouso do Barqueiro”.”Retrouso do Barqueiro” é un dos catro temas nos que as cantareiras Atalaias de Caión (Arantxa, Berta, Maria, Nerea, Noelia, Sonia con Ana Edreira) colaboran no disco.
Con este derradeiro adianto antes da publicación de Pequeno manual para grandes cambios II teoría e práctica (Ferror Records 2025) Zavala regresa á Mariña. Nesta ocasión baixan ao porto do Barqueiro, pasando por Viveiro, Ribadeo e Foz na peza de corte máis tradicional do disco.
O acordeón de Raquel Santamaria guía o percorrido costumbrista que une este e outro tempo, a parada de bus de Picos, Pena, Javi no Vicedo, a romaria de Santa Rosa, a Punta do Santo e a praia de Esteiro.
As Atalaias de Caión están neste retrouso nun primeiro plano xa desde a primeira estrofa nunha canción coral e, de novo, mariñeira e taberneira.
O final sempre será un asubio en bicicleta polo peirao nunha mañá solleira.
Edita Ferror Records. FR-0149.




