Ferror Records

Fernando e Serxio, os capos do selo

Músculo!

Músculo! veñen de gravar un auténtico discazo. Un traballo que deixa claro o seu crecemento e evolución. Ferror Records editamos en vinilo “Ulla”, electrónica con denominación de orixe.

Carlos Ordóñez

Carlos Ordóñez entrega o adianto do que será o seu primero LP.

Chicharrón

“Y canta, luego, si puedes, si nadie escucha, lo que te queda por no decir”

Ghørxa

Ghørxa é intensidade, velocidade e baile. Regálanos o seu primeiro traballo, mesturando rock, psicodelia, stoner, grunge e garage.

Carlos Risco

Carlos Risco viviu os últimos vinte anos en Madrid, traballando como xornalista en medios como El País, Rolling Stone, Vanity Fair ou GQ. O seucontacto coa música ven de lonxe, en bandas como Cinnamon Gum e colaborando con Laredo, Talk! Trío ou Nine Stories.

Devalo

“Azul vindeiro” (Ferror Records, 2024) é o terceiro disco como DEVALO, un proxecto que comezou en 2019 na busca dun son persoal que combinase guitarras e sintetizadores.

Auto Sacramental

Auto Sacramental é parte da nova onda escura: unha mestura entre synth popcatártico e desafiante, e post punk de corte experimental.

Sr. Anido

Sr. Anido, o ave fénix da escea musical galega menos comercial.

Copa Turbo

Copa Turbo representan o ruido e a furia, o control e a velocidade. O eixe Pontecesures-Valga-Catoria convertido nun rally infinito funcionando sempre a gas.

Los Eternos

A banda de Cedeira segue evolucionando, desenvolvendo melodías en castelán que transcenden o son americana, abrazando estilos como o pop, o country alternativo, o ou o western.

French Rivera

FRENCH RIVIERA é sinónimo dos 80, do retro, da época dourada das películas de acción, as luces de neón e as pistas de baile.

Nüca

Nüca, quen volta a dar un importante paso adiante. Electrónica sofisticada chea de cores e texturas.

Rosalía Fernández Rial

Rosalía é escritora e artista multidisciplinar. Como poeta publicou, entre outros, En clave de sol (2009), Átonos (2011), Un mar de sensacións (2012), Vinte en escena (2012, 2014), Ningún amante sabe conducir (2014), Contra-acción (2016), Sacar a bailar. Poesía reunida(2009-2016), Árbores no deserto ( 2020) Desnortada (2021) e De centeo e durmideiras (2024).

Ferror Records

Visita a nosa tenda

$

Ferror Records nace cun propósito claro: dar saída a propostas musicais e culturais dende a militancia e a autoxestión. Ferrolterra será principalmente o noso lugar de actuación, pero tampouco lle poñemos fronteiras á arte.

Trátase dun proxecto aberto, encantaríanos ser máis. Unha especie de familia ben avenida de xente creativa.

A nosa máxima: “Support your local scene” –“Apoia a túa escena local”-. Ferrol Mola.

Visita a nosa tenda

$

Asóciate a Ferror Records!

En Ferror Records cremos na forza da música como motor de cambio cultural. Somos un selo discográfico e unha asociación que apoia a creación artística local e alternativa, dende Galiza para o mundo.

Se queres formar parte deste proxecto colectivo, asóciate de balde e axúdanos a medrar, a organizar novos concertos, editar discos e darlle voz a artistas que apostan por camiños propios.

Apoia a escena local!!!

Xuntas/os facemos comunidade. Xuntas/os facemos ruído.