Los Eternos

Los Eternos son unha banda galega con sede en Cedeira (A Coruña) e levan máis de 15 anos defendendo un son con profundas raíces americanas, cun espírito netamente clásico e un repertorio que bebe do rock dos 70, o country rock, o soul ou o blues.
A súa carreira discográfica comezou en 2007 co álbum Los Eternos, ao que seguiría en 2010 Back on the Road. A partir dese momento convértense nunha referencia dentro do panorama estatal grazas á súa personalidade sonora, onde se mestura a paixón polos sons americanos coa herdanza do pop e do rock español dos 60 e 70, e a través dunha posta en escena sobria pero eficaz.
En 2014 editan Vientos Solitarios, un álbum gravado en analóxico e autoproducido, cunha especial atención ás letras e á instrumentación acústica.
En 2018 presentan o seu cuarto traballo discográfico, Eléctrica, un álbum que devolve á banda a sonoridades máis eléctricas e con maior protagonismo das guitarras e os sintetizadores, sen perder a esencia e o gusto polas boas cancións.
No verán de 2023 presentan Espero que haxa rock and roll, unha colección de cancións que se presenta en formato físico como unha caixa con 6 sinxelos en vinilo de 7”, cada un deles con dúas cancións (cara A e cara B). As cancións foron gravadas nos estudios Tigruss (Els Poblets, Alacant), ao estilo tradicional: todos xuntos tocando na mesma sala, ao vivo e con gravación analóxica.
Aínda que Los Eternos sempre cantaron en castelán, este último traballo inclúe a súa primeira canción en galego: “O que queda por chegar”.
Olla os seus discos na nosa tenda online!