Zavala

Pop electrónico evocador e intenso

Zavala é movemento constante, todo flúe da man de Carla Romalde (voz, frauta), Ana Lage (baixo, piano, acordeón, coros), Elena Zas (piano, viola, coros), Carlos Castro «Kos» (programación, bases e visuais) e Víctor Ledo (guitarra e voz).

«Zavala naceu co xerme de facer unha música máis arraigada, máis tradicional, pero os primeiros temas xa evolucionan cun forte acento electrónico e agora sintetízanse nunha mestura entre o orgánico e o electrónico. Queriamos un topónimo físico, como tantos outros: Texas, Dover, London, Boston, Kansas… Elixiuse Zabala pero por problemas legais tivemos que cambiar Zavala por V, que nos gusta máis como a nosa pequena homenaxe La Vacazul de Jairo Zavala (Depedro)”. Así se presenta a formación Ferrol. Un sopro de aire fresco na escena galega, que combina tradición, vangarda, modernidade… todo iso de forma feminina."

Presentan o seu primeiro disco en 2023 «Pequeno Manual Para Grandes Cambios I (Teoría e Práctica)» (Ferror Records, 2023), publicado por Ferror Records. «O primeiro álbum divídese en dúas partes, volume I e II (26 cancións en total) e mestura os aspectos máis orgánicos e melódicos da música con texturas e bases electrónicas, sons contemporáneos pero en ocasións con matices do tradicional. As letras íntimas e persoais tingues o amplo espectro musical que vai desde as pasaxes máis acústicas e simplistas ata os máis sintéticos.

Zavala baséase na música galega cunha proposta innovadora, contemporánea e moderna que aposta polas novas texturas sonoras, con guitarras sintetizadas, samples, sintetizadores e bases electrónicas pero que se mesturan de forma natural con guitarras acústicas, pianos, frauta ou acordeón.

Sen embargo, máis aló de matices, produción e sonoridades, o verdadeiramente salientable de Zavala é a canción, coidada de forma particular, cunha letra que evoluciona a cada paso e cunha apertura ampla e musicalmente diferenciada pero que conflúen nun todo que caracteriza o son persoal do proxecto, cunha amplísima produción propia. En Zavala destaca a voz de Carla Romalde, as melodías dos coros e a fusión do melódico e o orgánico."

En Zavala, cada canción é un micromundo que rara vez fala dun só tema, as letras a miúdo transcorren de maneira cinematográfica, con imaxes e escintileos sonoros. Hai temas máis íntimos pero non deixamos de lado o tema social, especialmente o feminismo, a igualdade e a defensa dos que menos teñen«."

Olla os seus discos na nosa tenda online!