SKU: FR-0125 Categoría: Etiqueta:

Carlos Risco – A Música do Aire (Dixital)

1. A Música do Aire 03:32

Accede ao formato dixital

detalles

REFERENCIA DISPOÑIBLE SOAMENTE EN FORMATO DIXITAL

Accede ao formato dixital

Terceiro sinxelo de Carlos Risco despois de “A Memoria” e “Cando chegue a hora”. Carlos Risco viviu os últimos vinte anos en Madrid, traballando como xornalista en medios como El País, Rolling Stone, Vanity Fair ou GQ. O seucontacto coa música ven de lonxe, en bandas como Cinnamon Gum e colaborando con Laredo, Talk! Trío ou Nine Stories.

Neste novo single, Carlos Risco pon música a un poema de Lois Pereiro, ese autor maldito galego de versos moi puros e descarnados, saídos do seu mundo de adiccións e hipersensibilidade. Chegou a Pereiro por casualidade. “Non coñecía a súa obra, deixáronme un poemario e na memoria quedeime cun verso poderosísimo (Vén cara a min / e atravesa comigo / a música / do aire). Esta poesía (‘A sea beleza cereal e ximnástica’) re exa o mundo tenebroso de Pereiro e fala da súa adicción á heroiña, escrita como un verso de amor. “Así o lin eu desde o primeiro momento e quixen poñerlle música ao chegar a casa”, di Risco. O verso converteuse en estribillo e compuxo a canción en poucos minutos, gravándoa esa mesma tarde no seu home studio. Apenas unha guitarra distorsionada, seguindo a atmosfera de Jason Molina ou Neil Young, e a voz voando sobre o ruído, que orece a palabra do
poeta en toda a súa crudeza. Sobre esta base, Álex Salgueiro xo un arranxo de corda para o coro nal, que foi gravado coa Orquestra Sinfónica do Conservatorio De Santiago de Compostela, con Ton Risco na percusión clásica, as campás tubulares e a batería mecánica gravada cun só micrófono. A forza da orquestra engade unha épica particular á canción, que medra e insiste neses versos desgarradores de Pereiro ata unha grandeza insospeitada. O resultado é un tema pop que é ao mesmo tempo escuro e luminoso.

Se lanzó el 17 de mayo de 2024
O sinxelo de A música do aire foi gravado entre o estudio de Hevi e a casa de Carlos Risco, arranxado e mesturado por Álex Salgueiro e masterizado por Álvaro Gallego. A portada é unha foto de Íñigo de Amescua tomada na propia casa de Carlos Risco. O diseño é da artista Iria Cortizo.
Edita Ferror Records. FR-0125.