Chicharrón – O que Nos Queda por Non Dicir (Dixital)
1. A ingravided da cidade 06:03
2. Intervalo de desolación 02:26
3. Instante de area 03:24
4. Con vocación de soidade 02:24
5. Beleza e bondade 02:32
6. Mito efémero 02:08
7. Presenza 02:42
8. Fusión de desexos 03:46
detalles
REFERENCIA DISPOÑIBLE SOAMENTE EN FORMATO DIXITAL
Accede ao formato dixitalLogo chegou Erosión (Ferror Records, 2022), un disco marcado pola perda e a dor. Un disco dedicado á nai de Alberto M. Vecino, tristemente falecida fai uns meses, que trata sobre a perda, a dor e a enfermidade… pero tamén sobre a esperanza. Un disco dedicado a Teresa, e a todas esas derrotadas convertidas en heroínas.
En 2023 chega O que Nos Queda por Non Dicir (Ferror Records), un traballo que nas súas palabras son “oito cancións que describen o noso momento actual, que é un momento de comezo e ilusión despois de dez anos de vida. O que nos queda por non dicir é o noso disco máis lofi, que tenta reflectir a inxenuidade que aínda non perdemos en todo este tempo”.
Un disco gravado en formato trío de novo: Alberto M. Vecino, Mara Pérez e Rosalía Fernández Rial; que mostra o seu bo momento creativo, con tres traballos en tres anos.
“Para nós a música é unha necesidade case fisiolóxica, coa que expresamos cousas que non sabemos expresar doutro xeito, e vemos cada disco como unha paisaxe distinta da nosa viaxe. Sinceramente, esperamos tardar uns anos en volver gravar outro, porque nos encanta o que estamos a ver agora pola ventá.
Mantemos o formato trío basicamente porque nos estamos divertindo unha chea. Ademais ser veciñas fai todo moito máis sinxelo tamén na loxística”.
Conceptualmente o disco, “poderíase dicir que é unha reflexión sobre a felicidade en distintas formas”. A gravación “foi moi rápida e con poucos medios, como gravaban nos 90 Daniel Johnston, Jad Fair ou Beat Happening por poñer algún exemplo. Isto foi algo totalmente premeditado, para que o son expresase a nosa idea de felicidade, e tamén reflectise a frescura dun novo principio.
Unha das mensaxes é que levamos unha década, seis discos, e que a música segue sendo moi importante para nós. Nunca perdemos a inocencia, e iso é o verdadeiro éxito para Chicharrón, que despois de tantos anos seguimos gozando de tocar como o primeiro día”.
Edita Ferror Records. FR-098. 2023.




