SKU: FR-092 Categoría: Etiqueta:

Manuel Seixas – Electric Eyes (Vinilo)

1. Electric Eyes (Tema) 10:43
2. Electric Eyes (Reprise) 07:49
3. O avance dos orfos tristes e raros 16:47
4. O epiléptico retorno da orfandade humana 19:27
5. Suave bágoa (coda) 08:13
6. Alivio recorrente. Sísifo (Coda reprise) 13:09

25,00 €

detalles

Edición en dobre LP con insert.

Versión digital >

Este disco é para camaradas de xaqueca. Un disco conceptual editado en dobre vinilo e CD sobre a vida con esa negra sombra permanente que é a xaqueca.

Despois de “O Extraño Karaoke do Home Bata” (Ferror Records, 2022), Manuel Seixas volta á carga con “Electric Eyes” (Ferror Records, 2023). Pese a esa xaqueca e a dolencias que marcan a vida de Manuel dende fai xa tempo, Seixas demostra estar no seu mellor momento creativo.

O propio Manuel Seixas o expica:

“Este disco dedicado a toda a xentiña que sofre de xaquecas-migrañas (non “dor de cabeza”) e a toda persoa que loita (loitamos) cada día coa enfermidade mental, agora tamén pode estar vivo nas túas mans (en cd ou dobre vinilo). Para min sería unha ledicia inmensa e axudaría a pagar os créditos nos que nos metemos para poder facer “real” todo isto.

Moitísimas grazas a Ferror Records, polo seu apoio incondicional, e pola súa capacidade de arriscar cun disco tan “difícil” e único nesta terra no seu conceto global. A Xurxo Romero por ter confiado no disco dende o principio, e polo seu magnífico (coma sempre) deseño gráfico. A Adrían Charlín por escoitar o material e dicir que estaba moi ben. Sodes moi riquiños. Ademais, tanto Xurxo como Adri fixéronme suxestións e consellos que melloraron moito o resultado final.
E a Víctor Karallada de KSF estudos, que sempre fai procesos alucinantes para que a voz soe o mellor posible.

Así que xa sabedes, “Si me quereis irse… a comprar os discos de Manuel Seixas”. Non vos esquezades de “O estraño karaoke do home bata”, sacado o ano pasado e que creo é unha auténtica xoiña. Aínda que só sexa polo maxistral traballo no libreto de 32 páxinas.

Graciñas, camaradas da eterna negra sombra. Pero algún día sae ou sairá un precioso sol que non magoe os ollos, só quente o espírito. Agardamos. E camiñamos…”.

Se lanzó el 1 de junio de 2023

Instrumentación física e virtual, manurose: Manuel Seixas.

Voz coda gravada nos KSF estudos (Ila de Arousa).

Gravados e mesturado nos HOMEBATAHOMESTUDOS, dende comezos de agosto de 2018 a xaneiro de 2022.

Deseño e maquetación: Carbón Afiado.

Mastering vinilo: Eloy Platas (Lume).

Edita Ferror Records. FR-092.