SKU: FR-0177 Categoría: Etiqueta:

O Caimán do Río Tea – Vou Pa Portujal (Vinilo)

1. Vou pa Portujal 02:42
2. Trosky 03:28
3. Son do mar 02:56
4. Tunda 02:10
5. Debaixo dun carballo 03:15
6. Festa do xamón 03:51
7. Mais valía parir un can 02:58
8. Todas queren seren coma ti 03:21
9. Baixando o Río Miño 02:53
10. Yess mamma 02:10

Accede ao formato dixital

20,00 €

detalles

Accede ao formato dixital

Dez novas cancións dominadas pola retranca e o “rock caimán de tres minutos”, identidade da banda de Ponteareas que non perde a referencia os “clásicos”.

Letras que recollen historias, anécdotas e tiran de ironía e enerxía apoiadas pola base rítmica do grupo con poucas concesións as “florituras”. Rock bravú do século XXI.

O disco foi gravado en Novembro de 2025 nos estudios Lufs de Ponteareas baixo a vixiancia intensa de Damian Mo e será editado pola discográfica ferrolá Ferror Records.

O cuarteto tradicional da banda se une desta o quinto “caimán”, Andrés González cos teclados e sonidos periféricos que se integra coma se levara toda a vida.

A portada foi deseñada pola ilustradora ponteareana Andrea F. Pino.

Conta coa colaboración nas voces de Tonhito de Poi na canción “Son do Mar” na que Andrés Lamas puxo unha xenial armónica e de María Reirís que puxo a voz en “Todas queren seren coma ti” e fixo os arranxos corais en “Vou a Portujal” e “Festa do Xamón”. A nivel instrumental colaboraron David “Mr. D” Vázquez (Moon Cresta) en “Debaixo dun carballo”, “Festa do Xamón” e “Baixando o río Minho.

Trinta cinco anos de rock e algo de historia

O 23 de Febreiro de 1991catro “rapaciños” estreábanse na Feira Vella de Ponteareas como “O Caimán do Río Tea e os moros que atacan a aldea”, nome que quedou reducido seguindo as recomendacións da imprenta. Cúmprense por tanto trinta e cinco anos daquela estrea da banda que tamén tivo os seus tempos de retiro e letargo.

O Caimán do Río Tea fixo da súa participación no programa da TVG “Xabarín Club” co seu tema “Estou una Lavadora” o seu emblema, menos de tres minutos de rock onde queda definida a personalidade do seu sonido, unha canción que superou a propia banda e que xa forma parte de máis dunha xeración.

En 1995 publicaron “Feito na Casa” o seu primeiro disco editado por Sons Galiza e gañan o V Certamen Galego da Canción editando un maxi con cinco temas gravado nos estudios Fussion de Vigo.

Firmantes do “Manifiesto de Viana”, O caimán do Río Tea participou no nacemento da “Unión Bravú” , unha xeración de músicos de todo o país onde a cultura e a música tiñan o seu espazo. Os diplomáticos de Monte Alto, os Rastreros de Chantada, ou os Skornabois de Vilanova de Lourenzá entre outros, participaron tamén no disco homónimo (Unión Bravú – Edicións do Cumio ´96), no que O Caiman do Río Tea aportou “Manolo Pescadilla”, un tema ska-rock. Centros de concertos levan durante eses anos a O Caiman do Río Tea a recorrer o país, alternando a publicación de cancións autoproducidas e directos. Namentres, suman outra canción para o Xabarín Club, “Ven a Bailar”. O banda retirase o río Tea ata o 2014 ano no que celebran o 20 aniversario de “Esto una Lavadora” coa autoedición dun disco recompilatorio e unha xira de concertos que os leva por festivais coma Revenidas, Terra Brava, ou Antrospinos.

No ano 2024, publicou “Sandsbridge lonely hearts club band”. Un disco conceptual tributo a súa terra, O Condado.

Lanzouse o 30 de xaneiro de 2026

👉 Ilustración de @_andreiiinha_ e maquetación de Aceroplus Impresión Digital.

👉 Grabado en @lufstudios.

Colaboraron:

🐊 Tonhito de Poi e Andres Lamas en “Son do mar”.
🐊 David “Mr. Vázquez” teclados en “Debaixo dun Carballo”, Festa do Xamón” e “Baixando o río Miño” Moon Cresta.
🐊 María Reirís canta en “Todas queren seren coma ti” e fai os arranxos vocais de “Vou pa Portujal” e “Festa do xamón”.
🐊 María Reirís, Ruth Abalde, María Abalde e Julia Reirís, coros en “Vou pa Portujal” e “Festa do xamón”.
🐊Apoio lingüistico de Alberte Reboreda en “Baixando o Río Miño”.

© todos os dereitos reservados.