SKU: FR-0128 Categoría: Etiqueta:

Rosalía Fernández Rial – De Centeo e Durmideiras (Dixital)

1. Ao noroeste da illa 01:12
2. Entre os abrazos da illa 00:56
3. Abanadas 01:25
4. Como unha áncora 01:15
5. Envés feat. Garza 02:52

Accede ao formato dixital

detalles

REFERENCIA DISPOÑIBLE SOAMENTE EN FORMATO DIXITAL

Accede ao formato dixital

Tras “Desnortada” (Ferror Records, 2022), chega o segundo traballo discográfico de Rosalía Fernández Rial. Spoken word intensa, vital e visceral. Os poemas están recollidos en “De centeo e Durmideiras” (Cuatro Lunas, 2024), publicado nunha edición bilingüe por Cuatro lunas, un selo editorial de Kalandraka.

Rosalía é escritora e artista multidisciplinar. Como poeta publicou, entre outros, En clave de sol (2009), Átonos (2011), Un mar de sensacións (2012), Vinte en escena (2012, 2014), Ningún amante sabe conducir (2014), Contra-acción (2016), Sacar a bailar. Poesía reunida(2009-2016), Árbores no deserto ( 2020) Desnortada (2021) e De centeo e durmideiras (2024). Estes dous títulos dan título tamén aos seus últimos traballos musicais, onde versos e música se mesturan coa linguaxe audiovisual e escénica.

Na narrativa destaca Bonus track (2018), no ensaio Mover ficha (2024) e no teatro Fóra de campo (2024).

Como acordeonista forma parte do grupo Chicharrón.

Se lanzó el 23 de julio de 2024

Voz, acordeóns e sintetizador: Rosalía Fernández Rial
Zanfona: Guillermo Reiriz
Sons da natureza: Belén Lorenzo
Produción artística: Rosalía Fernández Rial e Manolo Dourado
Mestura e masterización: Manolo Dourado
Tema “Envés”: colaboración con Garza

Edita Ferror Records. FR-0128.