Zavala – Pequeno Manual Para Grandes Cambios I (Teoría e Práctica) (Vinilo)
1. Todo o que quixen 02:43
2. Libélulas urbanas 02:16
3. O domingo eterno 02:23
4. Hoxe 03:28
5. O clube secreto dos que odiaban tódolos sábados 04:11
6. A tormenta dos pasos errantes 03:48
7. Mundo sobrenatural 03:11
8. Praia do silencio 04:15
9. Señorita Madrid 03:59
10. Eu 03:51
11. Hei volver 02:36
12. Hei volver (CODA) 01:56
13. O vento de cara 03:44
14. Nana de Brión 01:47
18,00 €
detalles
Queríamos un nome de lugar físico, ao modo de tantos outros: Texas, Dover, London, Boston, Kansas… Zabala foi o elixido pero por problemas legais tivemos que cambiar a Zavala con V, que nos gusta máis coma a nosa pequena homenaxe a La Vacazul de Jairo Zavala (Depedro)”. Así se presenta a formación ferrolana Zavala. Un sopro de aire fresco na escena galega, que conxuga tradición, vangarda, modernidade… todo iso en feminino.
Presentan o seu primeiro disco: Pequeno manual para grandes cambios I (teoría e práctica), editado por Ferror Records. “O primeiro disco está dividido en dúas partes, volume I e II (26 cancións en total) e mestura os aspectos máis orgánicos e melódicos da música con texturas e bases electrónicas, sons contemporáneos pero con matices ás veces do tradicional.
As letras, intimistas e persoais colorean o amplo abanico musical que vai dende o máis acústico e simplista a pasaxes máis sintéticas.Zavala asenta na música galega cunha proposta innovadora, contemporánea e
moderna que mira de fronte as novas texturas sonoras, con guitarras
sintetizadas, samples, sintetizadores e bases electrónicas pero que mesturan de xeito natural con guitarras acústicas, pianos, frauta traveseira ou acordeón.
Sen embargo, máis aló de matices, produción e sonoridades o verdadeiramente destacable de Zavala é A CANCIÓN, coidada de xeito particular, con letras que evolucionan a cada paso e cunha apertura ampla e diferenciada musicalmente pero que se aglutinan nun todo que caracteriza o son persoal do proxecto, cunha produción propia moi ampla.
En Zavala destaca a voz de Carla Romalde, as melodías dos coros e a fusióndo melódico e orgánico”.
Zavala é movemento constante, todo flúe da man de Carla Romalde (voz, frauta traveseira), Ana Lage (baixo, piano, acordeón, coros), Elena Zas (piano, viola, coros), Carlos Castro “Kos” (programacións, bases e visuais) e Víctor Ledo (guitarra e coros).
“En Zavala cada canción é un micromundo que rara vez fala dun só tema, as letras discorren a modo cinematográfico moitas veces, con imaxes e flashes sonoros. Hai temas máis intimistas pero non deixamos de lado a temática social, sobre todo o feminismo, a igualdade e a defensa dos que menos teñen”.
Edita Ferror Records. FR-0110.







