Andrés do Barro: Pop, Saudade e Memoria. Unha Ollada dende Ferrolterra (Dixital)
01. Amparo Arias – Meu país 03:09
02. Faltriqueira – Miña Maruxa 03:10
03. Papi e Mami – Para iso somos dous 02:18
04. The Harriers – San Antón 03:09
05. Bang 74 – Noite de queimada 03:29
06. Los Eternos – Con máis amor 04:06
07. Quant – O tren 02:46
08. Feed the Pet – Que lonxe fun 03:47
09. Lume – Corpiño xeitoso 03:46
10. Os Peregrinos – Pandeirada 04:00
11. Devalo – Que máis dá 03:09
12. Todo el Largo Verano – Para che falar de amor 02:21
13. Jacobo & Alberto – Amor, amor 04:19
14. Ninhodaguia – Adeus, adeus 07:14
15. Willie & Winnie – Yo no sé 04:46
detalles
REFERENCIA DISPOÑIBLE SOAMENTE EN FORMATO DIXITAL
Accede ao formato dixital“Andrés do Barro é o máis grande artista galego de todos os tempos. E era de Ferrol e pasaba os veráns en Cabanas e Pontedeume.
Ferrolterra réndelle unha sincera homenaxe en forma de cancións a un cantante que levou o nome da súa terra por todo o mundo.
Na figura de Andrés Lapique do Barro está a xénese do pop en Galicia. Autor (letra e música) de catro números un nas listas de vendas nacionais –“O tren”, “San Antón”, “Corpiño xeitoso” e “Pandeirada”- en plena ditadura franquista. Unha fazaña tamén na historia dos idiomas oficiais en España. Ademais, consegue que os seus discos se editen en multitude de países, coñecéndose edicións propias para o mercado portugués, alemán, mexicano e arxentino.
A de Andrés foi unha carreira intensa que coñeceu rapidamente o éxito masivo. Un pop melancólico e atemporal con tinguiduras folk que co paso do tempo gañou frescura. Hoxe é reivindicado como unha referencia ineludible da música galega, como unha icona pop, reivindicándose tamén a súa modernidade e o seu labor pioneiro na fusión da música popular co pop. As súas cancións superaron xa a barreira da cultura popular e forman parte da memoria colectiva de varias xeracións de galegos.
Andrés nunca se foi, nin nunca se irá. Vive a través das súas cancións e o fará sempre. Como cantaba Bibiano en ‘Canción pros que nunca morren’: ‘Somentes morren aqueles que non deixan semente'”.
Selección musical: Fernando Fernández Rego e Sergio Sequeiro.
Produción: Ferror Records. Coa participación do Concello de Ferrol e do Centro Torrente Ballester.
Masterización: RRStudios (Ferrol)
Deseño: Alberto Amigo (Todo el Largo Verano).
Dende aquí o noso profundo agradecemento a todas as artistas participantes.
FR-045




