Nüca – Slow Missiles (Vinilo)
01. It must be an anthem 05:58
02. Ging 05:25
03. Slow missiles 05:40
04. Cült 04:56
05. Quite 04:45
06. Problems 05:23
07. Bonus Track: Deep Cumbia 05:02
20,00 €
detalles
Detrás de Nüca está o ferrolán Pablo Saénz Carballeira, con inquietudes próximas ao IDM, ambient, deep-house, música experimental. Tras os EP’s Gnosis (Prinzedom Records / Ataque!, 2020), Niké (Ferror Records, 2020), WRB Split (Ferror Records, 2021) con Legítimo Polvo, e Y Das4 (Prinzedom, 2021), veu un parón que o levou a coller impulso e redeseñar o proxecto para dar forma ao seu primeiro LP: Slow Missiles (Ferror Records, 2025).
Un disco que Pablo concibe “como un antes e un despois. Isto é só o principio. Este Nüca que acaba de saír non ten nada que ver co anterior. Non uso as mesmas máquinas, nin o mesmo estilo cutre que me definía. Só conservo este nome por preguiza, polo camiño que tiña andado e por falta de ideas. Non quero dicir que non lle teña agarimo aos meus traballos anteriores, pero toda persoa que coñeza o meu traballo e escoite tan só 30 segundos do disco novo, darase conta do que estou a falar. Se vos fixades no resto da miña discografía, quitando “Cült”, que é o adianto deste LP, levo sen publicar nada desde 2020. Iso débese a que o estilo de música que fago é moi difícil de levar adiante. O público que vén ás miñas actuacións pensa que son un DJ (téñenme pedido se lles podo poñer “Born Slippy” nun directo), cando estás a comezar, só atopas en moitos dos artistas cos que compartes escena rivalidade, comparación e elitismo, e o máis complicado, todos os teus concertos empezan por normal xeneral ás 2.00 A.M. É unha hora complicada para subirche a un escenario. Non sabes como se vai a comportar a xente, nin sequera vas ter claro se che van a prestar atención. Todo isto fixo que me decantase por terminar os meus estudos e comezar a miña traxectoria profesional fose do mundo da música. Aínda así, non deixei en ningún momento de producir, manexar outros proxectos musicais como baixista, como produtor, ou mesmo seguir elaborando temas de electrónica na miña casa. Cinco anos máis tarde, froito dun traballo diario e disciplinado, conseguín compilar seis temas que deberían saír, custase o que custase”.
Lanzouse o 23 de maio de 2025
Deseño de portada: Irene Saénz.
Masterización: Juait (@spinal_sound).
Edita Ferror Records. FR-0152.




