SKU: FR-0139 Categoría: Etiqueta:

Los Eternos – San Antonio (Vinilo)

01. San Antonio
02. Canto eu te amei
03. Mar dos Balandros feat. Guadi Galego
04. Vellos camiños
05. Lembrar
06. O can feat. Óscar Avendaño
07. A forza das mareas
08. Meu ben
09. Sombras na noite
10. San Xoán

Accede ao formato dixital

20,00 €

detalles

“Nosoutros algún día marcharemos, pero as nosas poesías, as nosas historias e as nosas cancións quedaran eternamente”

Arantza Navarrete

Tras “Vientos Solitarios” (Ferror Records / Cascaballo Records, 2019) e  “Sonora” (Ferror Records / Milana Música, 2021) chega “San Antonio” (Ferror Records / Milana Música, 2025).

Un disco intenso e emotivo que marca unha nova etapa da banda de Cedeira, que grava o seu primeiro disco en galego.

“O galego e o idioma que falamos habitualmente, levamos toda a vida escoitando a xente como Andrés do Barro, a Radio Océano, a Batallán e moitos máis. Cando empezamos a escribir as primeiras cancións en galego xa soupemos que a nosa lingua tiña que estar presente na nosa discografía” apunta Chewis (guitarra).

Un disco marcado pola enfermidade e a perda de Arantza Navarrete, parella de Chewis e autora da maioría das letras do grupo. “Ao principio o disco xestouse como os anteriores, foron aparecendo as primeiras cancións ata que as circunstancias da vida comenzaron a complicarse e iso foise plasmando nas seguintes cancións. a medida que as cousas empeoraban as cancions foron escurecendo. Podese dicir que este disco mostra a transición dos últimos anos da nosa vida, empeza ben e a medida que vai pasando o tempo vai decaendo ata tocar fondo” explica Chewis.

“A figura de Arantza é fundamental na historia de Los Eternos. Escribiu a maioría das cancións de todos os discos, dende o Back on the Road (Warner, 2010) a San Antonio (2025). Sen as súas cancións Los Eternos non existirían como tales, somos simples transmisoras das súas historias e das súas cancións. Se gravamos a San Antonio foi para renderlle unha homenaxe. A idea inicial de facer un disco en galego foi súa. Arantza non aparecía nas fotos da banda nin no escenario, pero fixo máis traballo para a banda que a maioría dos que aparecen nas fotos, Aparte das cancións, prepararnos entrevistas e artigos para nós era parte da súa vida e estaba feliz facendo cousas para o grupo. O único que necesitaba era subir e tocar pero tiña medo escénico aínda que sabía tocar varios instrumentos. Ela foi un dos piares de Los Eternos, sen ela non seríamos as mesmas”.

O disco leva por título “un dos lugares máxicos de Cedeira. Alí a terra e o mar fúndense nunha aperta, dando forma á ría máis fermosa do mundo. Xusto alí, a miña compañeira Arantza pasaba
longas horas sentada no cruceiro mirando e sentindo a inmensidade do Atlántico. De San Antonio saiu a inspiración para a maioría das cancións do disco. Cancións que falan da nosa terra, do noso mar, das nosas tradicións, da nosa xente… Cancións que falan de amor, de dor, de vida e de morte”.

A gravación non foi sinxela, e tivo momentos moi duros. “O disco estivo rodeado de momentos moi complicados das nosas vidas e iso deixase notar na maioría das cancións, moito sentimento, moita dor, moitas lembranzas, moito amor, pero sobre todo gústanos pensar que neste disco atopamos a Cedeira, o noso mar, a nosa tradición e a nosa xente”.

A gravación contou con colaboracións de auténtico luxo como Guadi Galego (“Mar dos Balandros”) e Oscar Avendaño (“O can”), ademais de gran cantidade de músicos que aportaron metais e todo tipo de instrumentos… “Este disco non sería posible sin a xente que colaborou, os músicos aportaron as súas ideas, estiveron o cen por cen en cada momento. Estamos muy agradecidos a toda a xente que participou neste traballo. Foi Unha experiencia inesquecible”.

Todo elo envolto polos impresionantes deseños de Fernando Ruibal. “Fernando e unha persoa incrible, dende o momento que lle dixemos que queríamos que fixese o deseño do disco volcóuse en corpo e alma facendo un traballo impresionante. Estamos muy agradecidos de contar co seu talento. Fernando para nos xa e un Eterno máis”.

Un disco enorme, cargado de sentimento e boas cancións. Unha viaxe dende Punta Candieira ao Mar dos Balandros cargada de saudade e de cancións atemporais que impregnan o corpo de salitre. Do salitre do mar, do salitre das bágoas.

Fernando Fernández Rego

Se lanza 1 de abril de 2025

Editan Ferror Records / Milana Música. FR-0139.