SKU: FR-058 Categoría: Etiqueta:

DEVALO – Melancholie (Dixital)

1. Melancholie 04:56

Accede ao formato dixital

detalles

REFERENCIA DISPOÑIBLE SOAMENTE EN FORMATO DIXITAL

Accede ao formato dixital
“Melancholie” é o segundo adianto do novo disco de DEVALO que verá a luz en marzo de 2022.

Videoclip
———————————————————————————————-

DEVALO é o proxecto do coruñés David Miranda, a quen coñecemos de outras aventuras musicais como Nouvelle Cuisine ou The Cripple and The Tramp.

Tras o interesante “Noites Contadas” (Ferror Records, 2020), David volve cun novo disco “Luz / Sombra” (Ferror Records, 2022) que sairá editado a comezos do 2022.

David leva anos vivindo en Bangor (Gales) onde compón e grava. A distancia, a morriña e a melancolía marcan o seu proxecto. Algo que percibimos en “Ar”, primeiro adiante dese novo traballo.

Ecos de synthpop (Gary Numan, Orchestral Manoeuvres in the Dark, M83, New Order), e sons que beben do dream pop e o shoegazing (Slowdive, Cocteau Twins, The Radio Dept., Yo la Tengo, Beach House)… imaxes nocturnas de nostalxia, perda e crise de identidade, que deixan tamén entrever un renacer a través dun movemento cara ao futuro que é realmente unha volta aos orixes.

Se lanzó el 13 de enero de 2022
Gravado en Belmont Road (Bangor, Gales).

Masterizado por Jahel Piñeiro en 8 Estudios (Lugo).

Música, letras e deseño de David Miranda.

Edita Ferror Records. FR-058