Agotado
SKU: FR-043 Categoría: Etiqueta:

Garza – Alborada (CD)

1. Continxencias (Apertura) 01:55
2. Cravos (Con Manuel Seixas) 05:59
3. Ondas 05:22
4. Galician Frecuencies 04:34
5. Árbores de inverno 03:50
6. Alborada 02:55

detalles

Edición limitada a 50 copias en CD Digifile.

Edición dixital >

Garza é o proxecto de música electrónica formado por Adrián Charlín, músico que, dedicado durante anos á batería en diferentes bandas do panorama rock galego, decide comezar unha viaxe ao mundo da música electrónica como produtor, sen deixar de lado as percusións e engadindo baterías electrónicas ao proxecto.

A música de Garza combina diferentes estilos, dende o experimental e noise ate a música de club máis transitable. Os estilos mais recorrentes son o ambient, trip-hop, IDM, con pinceladas de progresivo. En calquera caso, Garza trata de crear unha música de atmosferas que xogan constantemente coas intensidades. Outra importante razón de ser do proxecto é o directo: concertos nos que utiliza baterías, teclados e sintetizadores, compoñendo un espectáculo moi atractivo a nivel sonoro e visual, e incitando á audiencia a mergullarse nunha viaxe de emocións.

Neste 2021 edita o EP ‘Alborada’ baixo o selo Ferror Records, con seis temas. Segundo conta o mesmo autor sobre o EP: “Alborada é unha pequena historia da miña infancia en clave de música instrumental.
Recolle o meu propio imaxinario dunha Galicia de mar e terra, reflexado nunha música electrónica de corte ambiental, case de ensoñación, de deixarse levar pola mistura de sons. Ademais, o EP conta ca colaboración de Manuel Seixas nas letras e voces do tema ‘Cravos’”.

Se lanzó el 17 de marzo de 2021

Manuel Seixas, voz en “Cravos”.
David Falcón, arranxos en “Ondas”.
Xackal, voz en “Galician Frecuencies”.

Ferror Records. 2021.

FR-043.