SKU: FR-0187 Categoría: Etiqueta:

Nöwan – AOKIGAHARA – Marble vinyl (Vinilo)

01. Intro 01:24
02. Reinos Vacíos (Con SSHHLUUUUUUK!) 02:37
03. Salir De Mí (Con SHATZAR) 02:56
04. Resistencia Non (Con Melo de HERBA) 02:37
05. Los Sueños No Se Cumplen (Con Pepe de PALIKAZO) 02:19
06. Gritos En El Silencio (Con Naipe de Tempo Norte) 02:35
07. En Las Sombras De Tus Recuerdos (Con Pedro de NÉBOAS/TAHULLA) 02:35
08. Nunca A Tiempo (Con YANN YUPANQUI) 02:34
09. Abuso de Autoridad (Con Párito e Guillem de HERR CONTAINER) 02:38
10. Me Mata La Pena (CON ANTÓN TAVACO) 02:43
11. Muerte Y Final (Con Adri e Abraham de RESTOS SIN GLORIA) 02:51
12. Hartu Nire Arimatik Behar Duzuna (Con Goio de VÍBORA) 02:05

Accede ao formato dixital

20,00 €

detalles

Accede ao formato dixital
“Aokigahara” é a creación de Nöwan, un proxecto que nace fóra dos moldes e desenvolve un son propio a partir de influencias moi diversas. A súa proposta funciona como unha ponte entre estilos a priori distantes, combinando elementos de screamo, neocrust, hardcore punk, EBM, post-punk, darkwave, emo-punk e post-metal, cunha voz intensa, vangardista e potente.
Letras que reflicten a loita constante de quen intenta saír da escuridade e, ás veces, atopa a fráxil beleza da vida. A voz dunda nova xeración atrapada nun universo triste, cheo de rabia e autodestrución, obrigada a sobrevivir nun sistema hostil, marcada pola depresión, a ansiedade e o cansazo de vivir nunda sociedade corroída pola inxustiza, a maldade e o abuso autoritario.
Sintetizadores retro combinados con sons futuristas e caixas de ritmos crean unha atmosfera envolvente e recoñecible. As dinámicas enérxicas, progresivas e frenéticas conservan a escuridade e a intensidade, evocando sentimentos de desesperanza, esgotamento e tristeza.
Videoclip de Introdución:

www.youtube.com/watch?v=6YXCtstY2iQ

Lanzouse o 20 de marzo de 2026

Grabado, mezclado e masterizado por Alan Bi Rush en GRJ.