Agotado
SKU: FR-076 Categoría: Etiqueta:

Radio Océano – Un Furioso Silencio (Vinilo)

1. Serás eterno 03:02
2. Revisando os danos 03:03
3. Un aviador irlandés prevé a súa morte 03:05
4. Un furioso Silencio 03:25

20,00 €

Sin existencias

detalles

Edición limitada a 500 copias en vinilo azul.

Radio Océano, a banda de culto (con perdón) que encheu os escenarios de rabia e enerxía a finais dos 80, volve coa mesma potencia musical e as mesmas letras acedas e cheas de ironía.
Sons rebeldes para uns tempos atroces. Cos mesmos intérpretes/executores orixinais de “Como o vento”, “Narcisismo” e “Terra Chá” (Johnny Rotring, Ross Mero, Pablo Iglesias, Dani Punta), uns anos de rodaxe despois da saída do seu dobre LP “Memorias do óxido” (Subterfuge, 2018) e meses máis tarde da irrupción da súa versión de “Miña Terra galega”, os Radio Océano de 2023 presentamos catro novos temas tan contundentes como incisivos, que recollemos neste LP/EP Un furioso silencio, editado por Ferror Records, Ulomanía Coop. e Pafff Bum! Discos, e que se puido facer grazas ao crowdfunding dirixido por Ith Crowdfunding, da Fundación Uxío Novoneyra. Catro temas gravados con Tomás Ageitos nos Estudos A Ponte, en maio do 2022.No disco hai letras de Lois Pereiro (“Revisando os danos”), remorsos do Prestige (“Un furioso silencio”), a queixa de Yeats dos que se ven obrigados a participar en guerras alleas (“Un aviador irlandés prevé a súa morte”) ou a imposibilidade de zafar hoxe de quen publicitamos que fomos onte (“Serás eterno”).A edición de luxo en vinilo de cor azul conta co artwork de Leo Sousa. E o formato físico trae unha grande sorpresa e un agasallo único: unha cara B cun intenso directo gravado na Sala Potemkin (Santiago de Compostela) o 24 de xaneiro de 2023. Outros catro temas entre os que atopamos os míticos “Narcisismo” (letra de Lois Pereiro) e “Como o vento”, unha versión do clásico “Miña terra galega” (Siniestro Total vía Lynyrd Skynyrd) e “Vendidos”. E falamos de sorpresa e agasallo porque estes catro temas do directo non terán distribución dixital, e só se terá acceso a eles no formato vinilo. A vida é dura.

Se lanzó el 28 de marzo de 2023

EP editado en vinilo 12″ a cargo de Ferror Records, Ulomanía Coop. e Pafff Bum!!! Discos.

FR-076. 2023.