Rosalía Fernández Rial – Desnortada (Dixital)
1. Musicámonos 01:13
2. Ningún heroe 02:54
3. A cámara lenta 01:26
4. Desde o ángulo 02:05
5. Vals no faio 03:23
6. Nifro 01:46
7. No motel 02:49
8. Nordés blues 02:50
detalles
REFERENCIA DISPOÑIBLE SOAMENTE EN FORMATO DIXITAL
Accede ao formato dixital“Desnortada” (2021) é un libro de poemas de Rosalía Fernández Rial (Carballo, 1988), publicado por Edicións Espiral Maior na Colección de Poesía Alba Longa.
Aquí atopamos oito poemas con voz propia da autora e composición musical e interpretación (acordeón) de María Álvarez Santiago.
“Recentemente galardoada como autora do Mellor Poema 2020 no festival galego-portugués aRi[t]mar, a poeta, narradora e ensaísta entréganos unha nova obra poética destinada, como quería Alejandra Pizarnik, a “irmos até o fondo” da experiencia vital asociada a unha experiencia da linguaxe que se transmuta en música, corpo e beleza sensorial” (Miguel Anxo Fernán-Vello).
Se lanzó el 12 de abril de 2022
Textos e voz: Rosalía Fernández Rial.
Composición musical e acordeón: María Álvarez Santiago.
Produción artística: Rosalía Fernández Rial e Manolo Dourado .
Gravación, mestura e masterización: Manolo Dourado.
Edición en formato físico xunto co libro: Espiral Maior.
Foto de portada: Vari Caramés.
Distribución dixital: Ferror Records. FR-069.




