Chicharrón – Erosión (Casete)
1. Somos o silencio da súa memoria loitando 03:56
2. Pequenas vértebras partidas nun niño baldeiro 04:36
3. Empatía, tenrura e responsabilidade 02:54
4. Amasillo de nervios apuntalado 01:39
5. Quen é a que dará o sinal? 02:04
6. As derrotadas seguen sendo as heroínas existenciais da nosa época 02:04
7. Coa indiferencia e o egoísmo das últimas palabras 01:44
8. Negándonos no mediodía do conflito 02:26
9. Sede 03:10
10. Cando devala 01:48
10,00 €
detalles
Edición de Erosión en casete. Edición limitada e numerada a man de 68 copias.
Quinto longa duración da banda de Carballo (A Coruña). Un disco dedicado á nai de Alberto M. Vecino, tristemente falecida fai uns meses, que trata sobre a perda, a dor e a enfermidade… pero tamén sobre a esperanza. Un disco dedicado a Teresa, e a todas esas derrotadas convertidas en heroínas.
Se lanzó el 1 de marzo de 2022
Erosión foi composto por Chicharrón entre outubro e decembro de 2021. Todas as letras escritas por Alberto M. Vecino.
Producido por Matías Unruh. Gravado no noso local de ensaio en Carballo durante varias xornadas alegres en comunidade entre o 3 e 8 de xaneiro de 2022, co equipamento técnico de Matías. As baterías de Adrián foron gravadas a mediados de xaneiro en Ogrobe.
Alberto M. Vecino: voces e guitarras acústicas.
Mara Pérez: voces.
Rosalía Fernández Rial: acordeóns.
Rubén Domínguez: teclados farfisa.
Matias Unruh: arranxos de guitarra acústica e eléctrica, pianos e sintetizador.
Adrián Charlín: Baterías.
Mesturado en Ogrobe por Matías Unruh en xaneiro de 2022.
Masterizado por Ibán Pérez nos estudios Terraforma (O Hío, Cangas do Morrazo) en febreiro de 2022.
Para Teresa.
“E a morte non será nosa dona.”
Dylan Thomas
Grazas a João Aveledo, Francisco Remiseiro, Anxo Araújo, Xoán Martínez, Marcos Gendre, Urdime, Ferror Records, Ibán Pérez, Pablo Mella, Raúl Mella, Rosalía Fernández, Matías Unruh, Adrián Charlín e Teresa.
Escultura: “Maternidade Mártir” de Francisco Remiseiro.
Agradecementos a João Aveledo, propietario da obra, por deixarnos ir a súa casa a fotografiala.
A fotografía da escultura fixoa Pablo Mella.
O deseño fixoo Raúl Mella.
FR – 060 é a referencia de Ferror Records.







