DEVALO – A Idade do Descontento (Dixital)
1. A Idade do Descontento 04:21
Accede ao formato dixitaldetalles
REFERENCIA DISPOÑIBLE SOAMENTE EN FORMATO DIXITAL
Accede ao formato dixital“A idade do descontento” é o terceiro sinxelo do próximo disco de DEVALO, titulado “Azul vindeiro” e previsto para a primavera de 2024 co selo ferrolán Ferror Records. Unha canción enerxética con influencias post-punk e new wave, cunha maior presenza das guitarras mais sen deixar os sons sintéticos. Conxuga amor e rebeldía, xunto coa capacidade da música para empoderar e inspirar cambio.
DEVALO é o proxecto musical de David Miranda, (guitarrista do grupo de indie pop Nouvelle Cuisine). En DEVALO, David explora sons máis sintéticos que unen a electrónica coas guitarras, con influencias do synthpop, dreampop e post-punk, e letras en galego de gran carga poética. Os seus dous primeros discos “Noites contadas” (2020), e “Luz/Sombra” (2022), editados por Ferror Records, recibiron un bo feixe de reseñas positivas. “Azul vindeiro” será o seu terceiro longo, de novo da man de Ferror Records.
Se lanzó el 16 de febrero de 2024




