SKU: FR-041 Categoría: Etiqueta:

Ondeando – Chicharrón (Dixital)

1. Ondeando 03:27

Accede ao formato dixital

detalles

REFERENCIA DISPOÑIBLE SOAMENTE EN FORMATO DIXITAL

Accede ao formato dixital

Single de adianto de “Unha Fogueira Intacta” (Ferror Records, 2021), o cuarto larga duración de Chicharrón.

«”Ondeando” é unha canción que arde, dentro nunha fogueira intacta. É un disco sobre o misterio e a esperanza, que busca no azar, nas tensións do descoñecido, no fóra de campo e no erro como impulso. É un disco colaborativo no que nos xuntamos con artistas coas que sempre quixemos colaborar como é o caso nesta canción de Cibrán Tenreiro, Sara Iglesias, Víctor Vacaloura ou Leo Sousa. O vídeo é obra da nosa directora fetiche, Sara Iglesias.»

Videoclip de Sara Iglesias

Non quero non estar ao teu lado.
Non quero non estar ao teu lado.
Cando espertes cando volvas
do baño co pelo mollado
Cando penses no que vas vestir
Non quero non estar ao teu lado
Cando volvas do traballo
e abras unha botella de branco
Non quero non estar ao teu lado
Cando escoites o noso disco
Cando este asustado
Non quero non estar ao teu lado
Non quero non estar sempre ao teu lado.
Se lanzó el 7 de febrero de 2021
Ondeando foi gravada en setembro do 2020 no Estudio Terraforma do Hío, Cangas do Morrazo por Ibán Pérez.Mesturada por Ibán Pérez e Rubén Domínguez.

Producida por Rubén Domínguez.
Masterizada por Cem Oral en Jammin Masters, Berlín.

Alberto M. Veciño, Mara Pérez e Mar Catarina: voces.
Charles Rapante: guitarras.
Cibrán Tenreiro: batería.
Ibán Pérez: baixo e percusións.
Sara Iglesias: saxo.
Teo Cid: ruído.
Rubén Domínguez: sintes e programacións.

Portada: frame procedente do videoclip “Ondeando”, obra de Sara Iglesias.

Ferror Records

FR-041

2021